 
“A grandeza da arte está en que pode intuír sen necesidade de comprender”
Pamen Pereira (A Coruña, 1963) mostra na galería barcelonesa Antonio de Barnola o seu traballo como artista viaxeira pola Antártida. A exposición debulla un proxecto de creación desde a experiencia da viaxe ao continente branco que se prolongará nos vindeiros anos. Así o explica a artista: “De volta ao meu estudio reflexiono sobre a experiencia-testemuño nese mundo dos xeos e as augas profundas, non sei como explicar o atractivo que este lugar tan extremo e desafiante ten para min, Antártida, salvaxe, romántica, temperamental, inaccesible ás veces aínda para si mesma, sen medida e por veces e desorbitada, todo isto para o bo e para o malo. É unha satisfacción cando un se atopa coa súa verdadeira natureza que xulga ás veces tan inxustamente e ousa recoñecer que no fondo non hai nada inaceptable”.   
  
  A fascinación por aquela paisaxe de xeo tamén ten unha parte de autorrecoñecemento da súa obra anterior: “comprobei que o corazón da Terra bate forte por baixo do abraiante abrigo branco, que as montañas xeadas e os témpanos das miñas esculturas e os meus cadros existen”. 
  
  Exposición de Pamen Pereira: "Ice Blink" 
  
  Até o 13 de outubro de 2007 
  Horario: de martes a venres, de 17:00 a 21:00; sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 
  
  Galería Antonio de Barnola 
  c/ Palau, 4 – 08002 Barcelona
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto