 
 
O parlamentario nacionalista solicitaralle ao goberno español o informe de prospección do petroleiro.
O coordinador do grupo parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, considera que o executivo español está a minimizar o problema por anunciar que o Prestige “só” seguirá a verter trece litros diarios de fuel. Por iso, pediralle o informe de prospección do buque. 
Lobeira lembrou que o goberno español confirmou que aínda hai 1.500 toneladas de combustíbel no interior do barco e dixo que “non se pode garantir que esa frecuencia de trece litros diarios vaia ser constante, só que é así neste momento”. O estado de corrosión do casco e a estabilidade da estrutura poden facer “que as fugas vaian alén da cantidade calculada” polo executivo. 
O parlamentario do BNG anunciou que vai presentar unha nova iniciativa para demandar unha “solución definitiva” para a limpeza do contido do petroleiro afundido.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto