 
Ao estadounidense só lle queda unha última apelación logo de que un tribunal independente ratificara a dopaxe.
Un tribunal de arbitraxe independente vén de confirmar a dopaxe do ciclista Floyd Landis. Segundo este informe, o gañador do Tour 2006 recorreu á testosterona para mellorar o seu rendemento deportivo. A Landis péchanselle practicamente todas as portas e tan só ten como última carta unha apelación diante do Tribunal de Arbitraxe Deportiva. De confirmarse os informes, o galego Óscar Pereiro sería proclamado vencedor.
Este último informe é un pau duro para Landis, que sempre negou a existencia da dopaxe e apuxo os resultados á "incompetencia" do laboratorio francés. O ciclista leva camiño de converterse no primeiro corredor dos 105 anos da historia do Tour de Francia que perde o mailló amarelo unha vez finalizada a proba.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto