 
 
Rafael Niubò teima en seguir cubrindo o 'E', malia que o seu coche pode ser inmobilizado
 
											Rafael Niubò / Foto: Racocatala
Noventa euros por levar un distintivo de 'CAT' sobre o 'E' da matrícula do seu automóbil. Esta é a multa imposta pola Guardia Urbana de Barcelona ao secretario xeral da Vicepresidencia da Generalitat, Rafael Niubò.
Niubò, membro de Esquerra Republicana, anunciou este martes na prensa a súa intención de recorrer a sanción. É máis, o mandatario asegura que vai seguir levando o distintivo catalán por riba do español. 
Que pasará cos condutores galegos?
Segundo informou Nubiò aos medios, o Servei Catalá de Transit advertiulle que poden inmobilizarlle o vehículo de continuar infrinxindo a norma.  "Pensaba que neste tema non tiñas problema algún para levar o CAT, alomenos en Cataluña", declarou o político segundo o xornal Avui.
O certo é que a Lei establece que o distintivo 'E' non pode ser cuberto con outro. Malia isto, na Galiza tamén hai algúns condutores que pegaron o distintivo 'GZ' sobre o indentificador estatal nas súas matrículas.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto