 
Terán lugar no Colexio de Avogados de Barcelona os días 28 e 29 de setembro co gallo do Día Internacional contra a escravitude sexual e a trata de persoas.
Ana Míguez, presidenta da asociación Alecrín de Vigo, participa nestas xornadas internacionais que contan coa participación de mulleres feministas, expertas en violencia contra as mulleres e homes que propoñen outro modelo masculino de relación entre os sexos. 
  
  A experta galega falará o venres pola tarde nunha mesa redonda titulada "Intervención integral contra a explotación sexual" que comparte con Lidia Falcón (Avogada feminista e codirectora de Vindicación Feminista), Lara Padilla (AFESIP Catalunya), Asunción Miura (Comisión para la Investigación de Malos Tratos a Mujeres) e Enric Royo (Médicos del Mundo Catalunya). 
  
  As xornadas están organizadas pola Comisión para la Investigación de Malos Tratos a Mujeres e a Plataforma de Organizaciones de Mujeres por la Abolición de la Prostitución. Os debates, que terán lugar ao longo de dous días, ábrense coa intervención de Victoria Sau, Doutora en Psicoloxía, e péchanse cun documental sobre o tráfico de mulleres feito en homenaxe á feminista M. José Urruzola. 
  
  I Jornadas Internacionales Explotación Sexual de Mujeres en Catalunya 
  
  28 e 29 de setembro de 2007 
  
  Colegi d’Advocats de Barcelona 
  c/ Roger de Llúria, 113
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto