 
 
Súmase á iniciativa presentada polo senador Francisco Jorquera (BNG) o pasado 11 de setembro na Cámara Alta e aprobada por unanimidade tras ser tansaccionada.
 
											O presidente Touriño, na conferencia de prensa posterior ao Consello de Goberno, este xoves
O Goberno vaille requirir ao Executivo español que se declare incompetente para conceder autorizacións de parques eólicos nas costas galegas. Así o decidiu este xoves na xuntanza semanal do Consello da Xunta.   
  Segundo o Executivo, o Real Decreto 1028/2007 -que estabelece o procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de autorización de xeración eléctrica no mar territorial- non respecta o marco competencial neste aspecto, xa que incumpre os artigos 27.13 do Estatuto de Autonomía e 149.1.22 da constitución española. 
O Goberno, que se suma deste xeito á iniciativa presentada polo senador Francisco Jorquera (BNG) o pasado 11 de setembro na Cámara Alta, lembra que o Real Decreto xa advirte na súa exposición de motivos de que con esta regulamentación se procede a unha nova redistribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. 
  
Situación e potencia mínima 
O executivo español reclama estas competencias para si, baseándose na situación destas instalacións -no mar territorial- e nun criterio técnico que obriga que a potencia instalada mínima nos parques mariños sexa superior a 50 MW -a norma estabelece que o Estado terá a competencia sobre todos os que superen esta potencia. 
  
O Goberno entende que nin a situación no mar territorial nin o estabelecemento dunha potencia mínima son criterios constitucionais de distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas, en base a varias sentenzas previas do Tribunal Constitucional.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto