A organización xuvenil conservadora 
Novas Xeracións, desenvolve esta fin de semana na Guarda a súa "primeira convención rexional". Nela, compoñeranse sete grupos de traballo que elaborarán unha serie de propostas que logo lle trasladarán á dirección do PP para a súa inclusión no programa electoral.   
 	A presidenta de Novas Xeracións, 	María Seoane, explicou a 
Europa 	Press que a reunión, á que espera que acudan 400 	novos simpatizantes do PP, terá precisamente como eixo 	central a proximidade das eleccións xerais, polo que 	redactarán un documento con iniciativas e medidas centradas 	na xuventude para que os populares as inclúan entre os seus 	compromisos electorais. 	
 	 	Ao longo da mañá do 	sábado, os grupos de traballo dividiranse en sete grandes 	áreas para elaborar as súas propostas, que se porán 	en común xa pola tarde nunha mesa de conclusións. O 	documento resultante entregaranllo ao presidente do 
PPdeG, 	Alberto Núñez Feijoo, para que este o faga chegar ao 	líder estatal da formación, Mariano Rajoy. 	
 	 	O propio Feijoo intervirá o 	domingo na clausura da convención, que ten como lema 	'Preparados, listos...xa'. Tamén asistirán o 	presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán; o 	secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda; a deputada e secretaria de 	Política Social do PP, Ana Pastor; e a propia María 	Seoane. 	
 	 	Ademais, está prevista a 	presenza do voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz, e dos 	deputados autonómicos Jaime Castiñeira, Manuela López 	Besteiro, Alejandro Gómez Alonso e Susana López 	Abella.