 
 
O colectivo galego Ponte nas Ondas participa no terceiro encontro de comunicación escolar promovido desde Colombia.
 
											O papel activo dos rapaces fronte á resolución de conflitos e a posta en común dos diferentes puntos de vista diante de problemas sociais diversos son os temas suxeridos polos organizadores, o colectivo colombiano da Asociación Internacional de Radios Educativas, promotores deste 3º Encontro de Comunicación Escolar.   
  
  Por parte galega estarán nas ondas cativos do IES Terra de Turonio, de Gondomar, e do CEIP Infante Felipe, de Salvaterra de Miño, que participarán en directo durante a xornada do venres 5 arredor das 10h da mañá, en representación de Ponte nas Ondas. Desde a web do Colegio Gimnasio del Norte pode seguirse en directo a emisión.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto