 
O colectivo de presas Chicass10 publica un blog e un programa de radio no ciberespazo malia ter prohibido o acceso á rede no cárcere.
 
											Unha das imaxes do blog
"Quero ter unha vida normal, e é o que máis importante, ver vivir ao meu cativo e pasalo ben no parque (...) pois el está a pagar unha condena que é miña, sen ter feito nada, e iso faime sentir moi culpábel”. Así remata o último texto de Chicass10, un blog actualizado por un grupo de presas da cárcere de Teixeiro. 
  O blog é iniciativa de Nosotras Intramuros, un colectivo de axuda ás mulleres que cumpren condena. Segundo explica La Opinión, a súa fundadora, Pilar Mingote, ocúpase de subir á rede os textos en papel que lle remiten as internas. E é que vivir en Teixeiro implica, entre outras moitas limitacións, non poder ter acceso a internet. 
    Programa de radio 
Ademais do blog, que mostra de primeira man ata que punto é dura a vida en prisión, Nosotras Intramuros edita unha revista -tamén titulada Chicass10- destinada e redactada polas presas. É máis, este colectivo de mulleres tamén gravou un programa de radio este verán na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. 
    O “programa de mulleres contracorrente para xente corrente porque queremos, valemos  e podemos” tamén se pode escoitar en internet, vía blip.tv. 
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto