 
 
O gaiteiro fonsagradino Brais Monxardín perde o premio por ter tocado a peza gañadora con anterioridade.
Mes e medio despois do fallo do premio, o xurado do XVII Concurso Constantino Bellón decidiu anular o galardón concedido ao gaiteiro fonsagradino Brais Monxardín e declaralo deserto.
Monxardín impuxérase na modalidade de 'interpretación de gaita solista'. Agora, o xurado composto por gaiteiros como Xesús Vaamonde e Pablo López Torneiro entende que o gañador incumpriu as bases xa que a peza composta para o concurso xa fora tocada con anterioridade.
Brais Monxardín recoñeceu ter tocado esta peza con anterioridade pero afirmou que nunca pensou que estaba a vulnerar as bases do concurso xa que a peza estaba sen editar. O gaiteiro fonsagradino terá que renunciar aos 3.000 euros do premio.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto