 
O fabricante galego logra a patente dunha marca de auga que “certifica a autenticidade das imaxes filmadas en vídeo”.
 
											Logo da filial de Televés
As marcas de auga foron a gran aposta da industria audiovisual para loitar contra a piratería. Pero, tras numerosos intentos, nunca chegaron a consolidarse no mercado. E é que os 'hackers' romperon todos e cada un dos desenvolvementos financiados polas corporación.
Agora é unha empresa galega, Televés,  quen anuncia unha “auténtica revolución tecnolóxica”. Trátase dunha nova marca de auga capaz de “certificar a autenticidade das imaxes filmadas en vídeo”.
   Televés, a través da súa filial Tredess, xa ten asegurada a patente  para Europa, Xapón e os Estados Unidos. Mañá tconvoca unha rolda de prensa para presentala. 
Identifica as imaxes copiadas
A marca de auga “garantiza que as imáxenes capturadas en vídeo e despois procesadas son auténticas e non foron sometidas a falsificación algunha” asegura o fabricante. As aplicacións do invento poderán usarse en “sectores como a seguridade, a xustiza, os medios de comunicación e o lecer”. 
As marcas de auga funcionan como pegadas dixitais ocultas ao usuario. É dicir, permanecen nas copias dun vídeo ou canción, permitindo identificar a súa procedencia orixinal. Unha posíbel aplicación das marcas sería, por exemplo,  identificar a copia orixinal dende que se sacou un vídeo que apareceu colgado no Youtube.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto