 
 
Na embarcación avistada en Cabo Verde viaxaba o inmigrante atopábanse, ademais, sete cadáveres dunha pasaxe orixinal de cincuenta.
O pesqueiro Tiburón III, con base na Guarda, atopou fronte ás costas de Cabo Verde un caiuco con un sobrevivente e sete cadáveres. O barco avistou o caiuco o mércores á tarde, pero non puido rescatar o ocupante até o xoves ás dez da mañá. 
  O inmigrante rescatado explicou que na embarcación viaxaban 50 persoas, das que só quedou vivo el, e que levaban 20 días á valga até o encontro co Tiburón III.  O sobrevivente, nun estado de saúde moi feble, foi evacuado polo buque hospital Esperanza del Mar, xunto cos corpos dos sete falecidos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto