 
 
O sindicato de xornalistas únese a organizacións de toda Europa nunha acción de protesta pola situación laboral dos profesionais da información.
 
											O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) únese a organizacións de toda Europa para se mobilizar contra a precariedade laboral o luns 5 de novembro. O sindicato distribuirá de balde dende este venres centos de camisetas do lema “A miña precariedade é a túa desinformación”, co obxectivo de que os informadores as luzan nas conferencias de prensa do día da mobilización. 
  Deste xeito, o SXG alerta do aumento da precariedade na profesión no país: horarios abusivos, contratos lixo, abuso de bolseiros e falsos autónomos son prácticas frecuentes na maioría das empresas do sector en Galiza, segundo o sindicato. 
  Máis información en Open Vieiros.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto