 
 
A Universidade da Coruña acolle a vindeira semana unhas conferencias para tratar o tema do uso do galego nos medios de comunicación e como ferramenta para as conversas a nivel internacional.
Expertos en diversos ámbitos da cultura galega participarán os vindeiros días 7, 8 e 9 de novembro na cuarta edición das Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC) e a Real Academia Galega (RAG), con financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña. 
As xornadas, que contan xa con máis de 200 persoas inscritas, terán como escenario o Paraninfo da Reitoría da cidade herculina, e abordarán entre outros o tema da presenza do galego nos diferentes medios de comunicación, -prensa, radio e televisión- así como o seu uso na dobraxe e nos filmes de ficción. Tratarase de esclarecer cal é a posición que actualmente ocupa o noso idioma na prensa diaria e dixital, e a súa viabilidade á hora de obter beneficios. 
Durante estes tres días de debate, tamén se falará sobre do uso da lingua como ferramenta de comunicación internacional, o prestixio que leva consigo o uso do idioma por parte dos medios de comunicación e a súa relación coa literatura e coa sociedade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto