 
Epistolarios inéditos, lembranzas e traducións de Basilio Losada, Alonso Montero, X.L. García, Helena Villar e Xesús Rábade.
 
											A revista "Indesinenter" é unha publicación anual centrada no estudo de Salvador Espriu, dirixida polos investigadores cataláns Gabriella Gavagnin e Víctor Martínez-Gil. Neste segundo número inclúese un monográfico titulado "Dossier Salvador Espriu i Galícia" no que se recollen materiais e informacións dos galegos que estiveron en contacto cun dos escritores fundamentais da literatura catalá contemporánea. 
  
 No traballo reprodúcense os epistolarios inéditos de Espriu a Basilio Losada, Alonso Montero e Xosé Lois García, nos que se pode comprobar que o poeta seguía a actualidade galega con atención porque recibía a miúdo libros de escritores galegos. De feito, no reconto dos libros galegos que había na biblioteca do autor aparecen Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Rompente e moitos libros da Editorial Galaxia. O dossier inclúe tamén outros testemuños das relacións con este autor e traducións inéditas da súa obra ao galego de Helena Villar e de Xesús Rábade. 
  
  
  "Indesinenter. Anuari Espriu", núm. 2 (2007)   
 Dir. Gabriella Gavagnin e Víctor Martínez-Gil 
  Ed. Punctum & Centre de Documentació i Estudi Salvador Espriu   
  
  Prezo: 16 euros
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto