 
 
"A miña precariedade é a túa desinformación". Ese é o lema da Federación Europea de Xornalistas o día de acción en defensa dos dereitos.
Trátase dunha protesta contra a "crise dramática" que sofren a maioría de xornalistas "debido á excesiva comercialización, a presión política que están facendo máis precarias e empobrecendo as condicións de traballo en toda Europa". A acción, promovida pola Federación Europea de Xornalistas, é apoiada en Galiza polo Sindicato de Xornalistas.   
  
  O obxectivo é a reivindicación de "salarios decentes e dereitos laborais, campañas para a calidade, a independencia e a ética do xornalismo, pola solidariedade internacional contra os asasinatos de xornalistas". En Galiza a xornada chega ao tempo que na rede se publicaban nas últimas semanas cifras sobre as importantes inxeccións económicas que a Xunta realiza sobre os medios de comunicación. En Galicia Confidencial poden consultar por exemplo as outorgadas pola Secretaría Xeral de Comunicación ou as das consellarías de Sanidade e Industria.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto