 
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza está a revisar o texto elaborado polo Departamento Xurídico da Consellería e que vai substituír á actual lei 1/1993, do 13 de abril.
Este texto, que adoece de varias carencias e presenta un articulado feble e pouco proteccionista co reino animal, será derrogado. 
 
Amigos da Terra considera que a nova lei debera ser máis rigorosa e severa cos infractores. Para elo, “é necesario elevar a contía das sancións e que se converta nunha práctica real a inhabilitación para próximas tenencias de animais aos maltratadores”, explica Montse Valencia asesora xurídica da entidade ecoloxista.
Doutra banda, tamén compre que o texto sexa moi cauteloso á hora de regular a venda e tenencia de animais exóticos e, finalmente, pór fin ás mal chamadas prácticas deportivas coma o “tiro ao pombiño”. 
A entidade ecoloxista galega, que dende os inicios do anuncio da elaboración do novo texto veu seguindo moi de cerca a reforma, denuncia esta situación de desamparo legal á que se ven sometidos os animais que supostamente debe protexer esta lei. 
Ademais, esixe a presenza das asociacións ecoloxistas para colaborar na elaboración da lei xa que son varios os sectores e organismos implicados no tema.
En definitiva, debe suprimirse o carácter de mínima protección que se via continuamente reflexado na lei proximamente derrogada e que xa no seu preámbulo anunciaba “as atencións mínimas que deben recibir os animais”.
Amigos da Terra espera que tanta demora responda a unha minuciosa elaboración legal que substitúa as carencias da antiga lei e suprima aqueles enclaves legais tan someros que presentaba respostando á debida protección dos animais xa que na actualidade este tema constitúe un asunto de índole cultural que importa ao conxunto da cidadanía.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto