 
 
O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol solicita que a xustiza obrigue ao rexedor a retractarse.
O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol denunciou no xulgado o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia (BNG), por supostas calumnias. A demanda débese a que o rexedor vinculou nun primeiro momento a explosión dunha bomba, o pasado 25 de setembro, coas protestas cidadáns contra Reganosa.
Na denuncia esíxeselle ao alcalde que se retracte e que “despexe calquera sombra de dúbidas contra os veciños pechados” no consistorio. Dende o Comité Cidadán subliñan que levan oito anos protestando pacificamente contra as instalacións de gas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto