 
 
Os deputados dos primeiros votan no parlamento unha lei que reduce os dereitos dos segundos na periferia de Bruxelas, a única zona bilingüe do país.
A división entre valóns (francófonos) e flamencos (neerlandeses) é cada vez maior, namentres que os alicerces do Estado belga son cada vez máis febles, logo de se cumprir esta semana 150 días sen a constitución do goberno federal. 
  Os deputados flamencos votaron este mércores nunha comisión do parlamento belga a prol dunha proposición de lei que modifica varias circunscricións electorais, incluídos os municipios de Hal e Vilvorde en Flandres, que deixan de pertencer ao distrito 'mixto' de Bruxelas-Ache-Vilvorde (BHV), a única zona bilingüe de todo o Estado 
Esta medida suporá que os cidadáns valóns residentes nestes municipios non poderán votar a partidos valóns, xa que ao seren transferidos a Flandres unicamente poderán optar por formacións flamencas. 
  
Coalición entre partidos de ambas as nacións 
Aínda que os partidos de lingua francesa dispoñen de mecanismos legais para bloquear durante meses a escisión efectiva do BHV, a decisión dos flamencos foi considerada como unha "agresión brutal" ao "compromiso belga" que preconiza o diálogo evitando a confrontación directa. 
O sistema electoral belga exixe unha coalición entre polo menos dous partidos das dúas nacións do Estado, Flandres e Valonia, para formar goberno.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto