 
 
O colectivo tamén cualifica de "espectáculo mediático" inútil a comisión de investigación sobre o Gaiás.
O colectivo Cultura Si, Mausoleo Non considera que diante do incremento do custo final, que segundo algunhas previsións podería chimpar até os 600 millóns de euros, é necesario que o Goberno admita que o proxecto "é unha ruína". A plataforma propón que as edificacións xa construídas sexan reencamiñadas cara á usos sanitarios, educativos, de asistencia social ou da Xunta".   
  
  De paso, fan unha chamada a todos aqueles cidadáns que no seu momento "apoiasen os obxectivos do movemento Nunca Máis" para que retomen "a raíz crítica e de non sometemento ás mentiras e manipulacións do poder" e apoien as mobilizacións fronte ao proxecto do actual Goberno de darlle continuidade ao "proxecto soñado por Fraga".   
  
  Cultura Si, Mausoleo Non tamén fala de "cinismo e hipocrisía" pola falta de vontade da que acusan a socialistas e nacionalistas aos que acusan de "non dar ningún paso legal para esixírenlle responsabilidades penais aos dirixentes do PP que presuntamente foron os causantes de todo tipo de ilegalidades".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto