 
O barco da memoria, a revolución do gallego Soto na Patagonia e Díaz-Noriega, pai do cinema amateur en Galiza.
 
											Nesta segunda edición do Memorimage, o festival especializado en filmes de hoxe con imaxes de onte, medra a presenza galega. Xoán Leira, que xa fora seleccionado o ano pasado, volve a esta segunda edición cun filme sobre o sindicalista Antonio Soto Canaleja, líder das folgas rurais na Patagonia nos anos 20. Xosé Zapata presenta O alquimista, documetal que se presentou tamén no Festival de Cinema de Girona do pasado outubro. Así mesmo cómpre salientar tamén a participación de Xosé Garrido como responsable da fotografía no filme Operación Úrsula (2006), de José Antonio Hergueta, sobre o afundimento do submarino C-3 durante a guerra civil. 
  
  Pensando en soedade (2006) 
  Dir. Marcos Nine 
  Cóntase a vida de José Ernesto Díaz-Noriega, un cineasta desafortunado que chegou a Galiza nos anos 50 e rodou, como afeccionado, pequenas películas nun contexto audiovisual desértico. 
  Domingo 18 de novembro ás 13:00 na Sala Santa Llúcia - 50 min. VOGalego 
  
  O alquimista (2006) 
  Dir. Xosé Zapata 
  Un coidado labor de pescuda nos arquivos cinematográficos públicos e privados de diversos países, pon de manifesto a colaboración entre o goberno de Franco e o III Reich alemán, rescatando imaxes insólitas desta cooperación. Domingo 18 de novembro ás 14:00 na Sala Santa Llúcia - 35 min. VOGalego 
  
  Patagonia. Utopía libertaria (2006) 
  Dir. Xan Leira 
  Antonio Soto, máis coñecido como gallego Soto, liderou as folgas rurais da Patagonia dos anos 20. A oligarquía anglo-arxentina que gobernaba naqueles momentos considerou  a súa loita como unha provocación. 
  Martes 20 de novembro ás 20:30 na Sala Santa Llúcia - 57 min. VOGalego subtitulada 
  
  O barco da memoria (2006) 
  Dir. Marcos Gallego 
  Nunha viaxe por diversos lugares da costa galega que sufriron as barbaridades do golpe de 1936. Neste periplo pola memoria colectiva, encontramos algúns personaxes que fan a súa viaxe polo súa memoria daqueles días. 
  Venres 23 de novembro ás 13:00 no Centre de la Imatge Mas Iglesias – 58 min. VOGalego subtitulada 
  Proxección e comentario incluído no Seminario Creación da memoria. 
  
  J.E.D.N. (2006) 
  Dir. Marcos Nine 
  A vida de José Ernesto Díaz-Noriega. 
  Martes 20 de novembro ás 10:00 no Centre d’Art Cal Massó – 35 min. VOGalego 
  Proxección e comentario incluído no Seminario Creación da memoria.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto