 
 
Baséase na utilización de técnicas que eleven a autoestima dos cativos, deteriorada pola falla de progresos.
 
											A porcentaxe de éxito está ao redor do 90%
Unha ducia de colexios nas cidades inglesas de Manchester e Londres están a desenvolver con gran éxito un innovador proxecto educativo para aprenderlles a ler e a escribir a nenos con problemas de dislexia. Tanto é así que está previsto se amplíe a todo o país, segundo informa o diario The Independent este martes. 
  A organización Springboard for Children, que conta co respaldo da Asociación Británica da Dislexia, encárgase de levar a cabo este plan que conseguiu até o de agora taxas positivas de ao redor do 90%.   
Os alumnos disléxicos -ou con outros problemas de aprendizaxe na lectoescritura- son atendidos por este servizo de educación especial unha vez rematado o primeiro período do curso, e regresan ás clases regulares tras un período medio de dous anos. 
A clave destes resultados tan positivos reside na actuación inmediata e na atención individualizada durante o período de aprendizaxe coa utilización de métodos e técnicas innovadoras para mellorar as habilidades dos cativos. Estas baséanse en afianzar a autoestima dos alumnos, deteriorada pola angustia e frustración anterior.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto