 
Substitúe á concelleira Paz Abraira, que será a cabeza de lista provincial ao Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 2008.
 
											Xosé Lois Devesa
Xosé Lois Devesa é o novo responsábel local do BNG en Lugo en substitución de Paz Abraira, que será a cabeza de lista provincial ao Congreso e que actualmente ostenta unha concellaría na cidade.
Devesa, que exercía como vicerresponsábel local, é enxeñeiro agrícola, ten 32 anos e milita na fronte nacionalista dende 1999. Segundo informou o Bloque, Devesa asume o cargo "nun momento de crecemento" tras as últimas municipais, onde o BNG incrementou nun 18% o número de votos e converteuse en "forza determinante na gobernabilidade da cidade".
"O obxectivo da nova dirección local para os vindeiros anos é consolidar a forza do BNG en todos os estamentos da sociedade lucense", engadiron dende a formación nacionalista. Pedro Pedrouzo, de 36 anos, ocupará dende agora o posto de Xosé Lois Devesa.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto