 
 
"Non moveron un dedo", acusou o voceiro nacional do BNG ao goberno español ao respecto, entre outros, do traspaso de competencias en salvamento marítimo.
"Para Galiza o mar é pesca, son lonxas", é un sector "estratéxico", defendeu o vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, durante o acto político da súa formación en Bueu este domingo. Do mesmo xeito, criticou que para a administración estatal o mar pareza reducirse a "parasol, bañador e toalla para tomar o sol".   
  
  Insistía así Anxo Quintana na necesidade de que o goberno español atenda a solicitude de traspaso de competencias en Salvamento Marítimo. De paso, tamén criticou a ineficacia que na súa opinión demostrou o executivo estatal á hora de facer presión para o cambio no marco legal da Unión Europea sobre tráfico de mercadorías perigosas.   
  
  Aposta pola implicación do BNG na "gobernabilidade" do Estado   
  Durante a súa intervención, Quintana explicou que a estratexia do Bloque para os comicios xerais pasa por "aumentar en votos, consolidar a súa presenza e que non haxa maiorías absolutas". Cara á próxima lexislatura, o voceiro nacional do BNG aposta por "participar de forma construtiva e positiva na gobernabilidade do Estado".   
  
  No mesmo acto, a deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, reclamou un "esforzo" á militancia para que a campaña electoral destaque a necesidade de que o Bloque consiga grupo parlamentario propio no Congreso, é dicir, cinco deputados.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto