 
Nun campamento, en caso de perigo, actívase unha alarma de urxencia para enviar axuda de contado
 
											Un chaleco, equipado cun GPS permite localizar aos fillos e de coñecer os seus movementos. Cando o neno cruza un perímetro non autorizado, unha chamada telefónica avisa aos seus pais. A compañía británica Blade Runner, cibercomerciante comerciante especialista en pezas de vestir de seguridade, vende este chaleco-chivato por 250 libras (365 euros).
 
 O obxectivo desta nova peza de roupa, que conta cunha batería con 15 horas de autonomía, é que os pais poidan coñecer con precisión, grazas a un dispositivo vía satelite, a ubicación xeográfica na que se atopan os seus fillos. O chaleco inclúe un detector electrónico que permite que os pais poidan atopalos en caso de perderense.
 
 O chaleco poderá rastrexar con precisión a lonxitude e latitude na que se atopa o menor perdido. O chaleco conta cun detector dixital electrónico GPS e foi creado pola mesma compañía que produce indumentaria para Scotland Yard e os servizos segredos británicos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto