 
Pretende completar no ano 2010 o apagamento analóxico e mais a cobertura total da internet sen fíos.
 
											O goberno balear pretende aproveitar as torres de TDT para estender a banda larga a todo o territorio das illas. A idea do executivo é que no ano 2010 se leve a través do espectro radioeléctrico tanto o sinal da televisión como a internet á totalidade da cidadanía. 
  Segundo o director xeral de Tecnoloxía e Comunicacións das illas, Antoni Machado, en declaracións a Vilaweb, o transporte da banda larga a través das ondas de radio é moito máis económico ca o tendido de cables até os lugares máis illados. 
  Machado argumenta que, xa que no ano 2010 a lei de administración electrónica obriga a que algúns trámites municipais se fagan pola internet, nese momento a banda larga terá que estar dispoñíbel en todos os currunchos das illas. Polo tanto, apoiará os concellos para que implanten redes wifi nos seus termos municipais e procurará que os operadores acheguen as conexións a todos os cidadáns. 
  A idea balear podería ser tamén de aplicación no noso país, onde a orografía do terreo e a dispersión da poboación dificultan a chegada das tecnoloxías da información e da comunicación á cidadanía.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto