 
InformationWeek selecciona as mellores distribucións do sistema operativo que ocupan menos espazo
A páxina web InformationWeek seleccionou de entre a gran masa de distribucións de Linux dispoñibles, aquelas cinco que en menos espazo son capaces de ofrecer as mellores prestacións e o máximo rendemento. Ideal para aqueles necesitados de megabytes que non queren renunciar a un SO rápido e efectivo:
 
 Damm Small Linux 4.0
 DSM é o a máis pequena de todas as distribucións de Linux e unha das mellores. Ofrece unha fantástica colección de úteis aplicacións en tan só 50 Mbytes de espazo.
 
 Knoppix 5.1.1
 Foi unha das primeiras distribucións de Linux que saíron e a pesar de ser xa unha avoa segue funcionando igual de ben, aínda que iso si, Knoppix é un pouquiño máis pesada que o resto das súas compañeiras de ranking: 713 Mbytes.
 
 Slax 5.1 / 6.0
 Slax é unha mini-distribución Linux moi personalizábel que inclúe unha fascinante aplicación que che permite almacenar datos na web e recuperalos cando queiras, de forma que podes ter a túa XO nuns 200 Mbytes.
 
 NimbleX 2007v2
 Nimble fai honra ao seu nome en inglés para ser unha das distribucións máis áxiles e flexibles en tan só 200 Mbytes de espazo.
 
 Puppy Linux 3.01
 É a mellor valorada por InformationWeek. "Todo o que unha diminuta distribución de Linux debería ser e algo máis", comentan.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto