 
Un grupo de 40 persoas ligadas ao mundo da literatura vidos de Portugal visitarán venres e sábado os lugares da Limia relacionados coas obras destes autores
Organizado pola Consellaría de Cultura e Deporte e polo Ministerio de Cultura portugués, o roteiro cultural Espazos Literarios da Limia forma parte dun proxecto de cooperación transfronteiriza para achegar as culturas galega e portuguesa.
O roteiro comezará este venres, percorrendo os lugares que marcaron a obra de Antón Tovar, "o poeta do pesimismo". Ás once da mañá visitarase a súa Casa Museo en Vilar de Santos, para coñecer despois a Casa da Pereira, Sabariz e o Alto do Furriolo, onde se lerán poemas do autor. Pola tarde, visitarase Rairiz de Veiga e o emblemático lugar de Congostro, onde terá lugar unha velada poético-musical a cargo de Anxo Rei e Gomes Mouro.
O sábado será a quenda de Carlos Casares e Antón Riveiro Coello. Ás dez da mañá, na Praza de Xinzo, Celso Sanmartín fará unha lectura dramatizada de 'O galo de Antioquía' e de 'Casas Baratas'. A seguir  realizaranse visitas guiadas á Pedra Alta e á Torre da Pena. Finalmente visitaranse As Trandeiras, onde se realizara unha nova lectura dramatizada, nesta ocasión de 'O Monxe de Morgade'.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto