 
A bioempresa "23andMe" vai permitir que calquera persoa dispoña dun estudo exhaustivo do seu perfil xenético por "só" 999 dólares. A iniciativa vén da man dun de Anne Wojcicki, co-fundadora da empresa e, casualmente, casada con Sergey Brin, un dos fundadadores de Google.
 
											O cadea de ADN e os seus usos diversos
O que fai "23andMe" é enviar á casa dos seus clientes un kit para realizárense un test de saliva e coñecer, deste xeito, o seu perfil xenético. Estes datos, ademais de seren de interese para os seus propietarios, quedarán almacenados nunha base de datos que xa se coñece como o "Google" do ADN. 
 
 A través da iniciativa, poderanse coñecer datos sobre a predisposición a determinadas enfermidades con base xenética como, por exemplo, o cancro, e incluso, o nivel de parentesco que se pode ter cun famoso.No entanto, xa empezan a aparecer suspicacias sobre o nivel de privacidade que esta páxina pode ter. 
 
 E é que, malia que a empresa afirma que esta se manterá intacta e que os datos de cadaquén só serán accesibles a través da súa conta persoal, paralelamente, admítese a creación desa xigantesca base de datos xenética, na que a inviolabilidade semella non ter moita cabida.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto