 
Están de moda e diso aprovéitanse as empresas. Comunidades de Internet como Facebook, MySpace ou hi5 poden manipular e vender a información persoal dos seus usuarios sen que estes se dean nin conta.
 
											hi5, unha das comunidades máis visitadas
Confiados nunhas cláususlas de privacidade que, a maioría, nin sequera le, os usuarios publican datos e imaxes da súa vida sen decatarse do que isto pode chegar a supoñer. 
 
 Así, acaban por conformarse perfís dixitais que definen case tódolos ámbitos da vida social privada dos usuarios de comunidades virtuais como Facebook, MySpace ou hi5, uns perfís que, por certo, séguense a enriquecer a través da análise da navegación que se rexistra nas bases de datos.
 
 Deste xeito, chégase a un momento en que o control das comunidades virtuais sobre os datos dos seus usuarios é absoluto e ilimitado, circunstancia da que se aproveitan da que se aproveitan as empresas para vender os seus servizos e produtos.Os especialistas aconsellan ler ben a letra pequena dos contratos de privacidade destas comunidades virtuais para, despois, non ter que lamentar consecuencias indesexables.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto