 
 
O operario, un mozo vigués de 29 anos, recupérase das graves feridas no Complexo Hospitalario de Ourense.
O último accidente nas obras do AVE produciuse este luns en Maside. Un mozo de 29 anos de idade e veciño de Vigo sufriu feridas graves que conlevan a amputación dun pé, logo de que envorcara unha máquina elevadora. Segundo os servizos de emerxencia, o accidente tivo lugar arredor das 8.30 horas no lugar de Figueirido. O mozo foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense onde quedou ingresado.
Nos últimos tres meses xa se produciron tres sinistros no tramo ourensán do AVE. O primeiro, ocorrido o pasado día 7 de setembro no Carballiño, acabou coa vida dun traballador e provocoulle feridas a outros catro. O pasado 29 de outubro un obreiro resultou ferido de gravidade no concello de Amoeiro.
Os sindicatos alertan de que detrás dos accidentes hai condicións de traballo precarias. Segundo denunciaron, a présa por acabar a obra fai que algúns operarios cheguen a facer xornadas de até 12 horas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto