 
 
Nova campaña do Centro Simon Wiesenthal para descubrir o pasadoiro de criminais do Terceiro Reich.
 
											O Centro Simon Wiesenthal decidiu ampliar a súa campaña “Operación última oportunidade”, coa  que pretende atopar os criminais nazis que aínda están agachados en Sudamérica. O director do centro en Israel, Efraim Zuroff, acudiu a Bos Aires para o lanzamento da operación na capital arxentina. 
  Segundo os datos do Centro Simon Wiesenthal, entre 150 e 300 sospeitosos de perpetrar crimes de guerra lograron instalarse en Arxentina, Chile, Brasil e outros países de América Latina despois da derrota do Terceiro Reich alemán e 1945. O venres, Zuroff e o seu homólogo en América Latina, Sergio Widder, desenvolverán un acto semellante en Santiago de Chile, o 4 de decembro en São Paulo e o venres 7 en Montevideo.   
  O proxecto prevé unha recompensa financeira de 10.000 dólares a quen forneza información -de xeito anónimo se así o desexa- sobre o paradoiro dos sospeitosos para promover o seu axuizamento.  Os investigadores do Centro, que levan practicando a 'caza de nazis' dende 1992, conseguiron localizar 488 sospeitosos en vinte países. Calculan que “polo menos varios miles de individuos que participaron no holocausto nazi” seguen vivos á marxe da Xustiza. 
  Porén, o documento do Centro recoñece que as posibilidades de xulgalos son cada vez menores “pola súa avanzada idade e a das testemuñas potenciais, e a falta de vontade política para facelo nalgúns dos países” onde se participou no xenocidio duns seis millóns de civís xudeus e outro medio millón de xitanos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto