 
O xigante norteamericano das comunicacións vai investir moitos cartos o ano que vén, na procura dunha enerxía eléctrica máis limpa.
A Google non lle chega con ser o rei en case todo na rede, xa que agora tamén quere competir nun dos sectores máis de moda, o das enerxías renovábeis. De feito, a partir do ano próximo vai crear unha nova división de investigación que vai traballar no desenvolvemento de enerxías máis limpas.
Á iniciativa puxéronlle un nome ben explícito: Enerxía Renovábel Menos Custosa do que o Carbón, e vaise basear na investigación das enerxías solar térmica e eólica, de sistemas xeotérmicos e doutras novas fontes. 
Larry Page, cofundador de Google, asegurou que o obxectivo é producir abonda enerxía renovábel como para dar cobertura a unha cidade da medida de San Francisco, por algo menos do que custaría facelo empregando o carbón. Tamén dixo que a empresa se amosa optimista ante o reto: "Cremos que o podemos conseguir nuns poucos anos, non en décadas".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto