 
A súa última novela traduciuna o escritor valenciano Josep Franco.
Agustín Fernández Paz é un dos autores de LIX habituais no catálogo da editorial valenciana Bromera. Na mesma editorial atópanse as traducións ao inglés de tres das súas novelas. Este outono presenta en catalán Passadisos d’ombra (Corredores de sombra), unha novela xuvenil de intriga. Durante a restauración do pazo dos Soutelo atópase un cadáver e Clara Soutelo decide resolver o misterio. Na súa pescuda a moza ten que recuperar o pasado da familia e iso vai mudar a súa maneira de entender a vida.   
  O ano pasado publicaba Els guardians del bosc, un relato en defensa da natureza dirixido a pequenos lectores. A mesma colección recollía un conto sobre a igualdade de xénero de Fina Casalderrey, Un dia de caca i vaca. 
  
  Passadisos d’ombra, de Agustín Fernández Paz 
  Trad. Josep Franco 
  Bromera, 2007, col. Espurna, 82 
  
  Els guardians del bosc, de Agustín Fernández Paz 
  Ilustracións de Cristina Durán e Giner Bou 
  Bromera, 2006, col. Cartera de Valors, 5 
  
  Un dia de caca i vaca, de Fina Casalderrey 
  Ilustracións de Marina Seoane 
  Bromera, 2006, col. Cartera de Valors, 4
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto