 
O programa inclúe obras de compositores galegos contemporáneos como Rogelio Groba, Andrés Gaos ou R. G. Otero.
A actuación da Orquestra de Cámara Galega insírese nunha exitosa xira na que con máis de 17 concertos pechados en 2007 está a percorrer Bos Aires e Galiza, así como varias cidades do resto da Península. O obxectivo desta xeira de concertos é "dar a coñecer o potencial musical da música clásica galega, sendo o noso epicentro de estudo e traballo as obras do compositor Rogelio Groba" segundo indican as palabras do director-concertino Rogelio Groba Otero.
  Este conxunto de concertos englóbanse dentro do convenio que a Orquestra vén de asinar coa Vicepresidencia do Goberno Galego, que serviu de recoñecemento á figura do compositor galego xa mencionado, Rogelio Groba, cuxa obra está composta de máis de 300 pezas.
  
  Concerto da Oquestra de Cámara Galega 
  
  Luns, 10 de decembro, ás 13.30 h 
  
  Sala Teatre da Universitat Autònoma de Barcelona 
  ETC-Edifici d'Estudiants (Plaça Cívica) 
  Campus UAB, Bellaterra | Cerdanyola del Vallès 
  
  Entrada de balde. 
  
  Organizan: Fundación Rogelio Groba | Lectorado de Galego da UAB 
  Patrocina: Vicepresidencia da Xunta de Galicia 
  Apoian: Rede.cat | Secretaría Xeral de Política Lingüística
 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto