 
 
Logrou 2.467 votos fronte aos 1.433 da candidatura de Xurxo Teijeiro.
 
											Xosé María Barja
A UDC vai seguir co mesmo reitor. Xosé María Barja revalidou o seu posto logo de lograr 2.467 votos fronte aos 1.433 da candidatura que encabezaba Xurxo Teijeiro. En total estaban chamadas ás urnas 23.496 persoas a participación total foi dun 92% no caso dos doutores; 72% do resto de persoal docente; 78% do persoal de administración e servizos; e tan só o 13% do estudantado.
Barja pediu unidade logo de que acabara o escrutinio. O reitor lembrou as súas promesas que se centran no compromiso de novos graos e posgraos e unha defensa das titulacións existentes. Tamén avogou por unhas contas “saneadas” e na redución de alumnos por aula.
  
Anterior: Eleccións a reitor na UDC (artigo de opinión de Eduardo Rego)
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto