 
A Sala Nasa de Compostela acolle este xoves 6, a partir das oito e media da tarde Jamdansanasa, un espectáculo onde se fusionan a música ao vivo e a danza a través da improvisación
 
Jamdansanasa é unha proposta única en Galiza, xa que as improvisacións dancísticas, máis frecuentes noutros países, non son habituais da escena galega. 
Está organizado pola Asociación de Danza Escénica Galega, sendo esta a terceira sesión de Jam na que participan. Nesta ocasión son os bailaríns David Loira, de Pisando Ovos, Uxía Vaello e Xavi Rivero que se ocupen do movemento. Pola súa parte os músicos Isaac Garabatos, Iván Salgado e Mónica de Nut, de Sulproducciones e con experiencia na música de improvisación, porán a banda sonora á sesión.
Tanto músicos como bailaríns seguen unhas mesmas pautas, que nesta ocasión tratarán dos ciclos vitais, o azar e as repeticións. Deste xeito, tres bailaríns de diferentes sensibilidades estéticas, afondarán na danza a través dunha proposta común, enriquecendo coas súas contribucións artísticas individuais. Unha posta en escena máis performática que abre a danza a novas influencias, como as orientais, que chegan neste caso da man de Xavi Rivero.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto