 
 
Expectación este luns coa participación de Santiago Carrillo, ex secretario xeral do Partido Comunista, á beira de Manuel Fraga na presentación do novo libro sobre o ex presidente.
No gume dos 85 anos, Manuel Fraga será tema dun novo libro, o que baixo o título "Cuaderno de notas dunha vida" escribiu quen fora o seu xefe de prensa, o xornalista Enrique Beotas. Conta Beotas que o testemuño de Fraga "non pode quedar gardado nun caixón", e para a presentación da obra este luns en Madrid conseguiu un paradoxal convidado: Santiago Carrillo.   
  
  Ao xeito de "dicionario", o volume explora a vida do ex presidente da Xunta desde os tempos en que era ministro do franquismo até a actualidade, recollendo opinións e análises diversas de Manuel Fraga. Da "A" até a "Z", o novo dicionario do fraguismo recolle en 250 términos as impresións de Fraga sobre persoas, institucións e conceptos varios.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto