 
 
O Senado da rexión estadounidense aprobou con 21 votos a favor e 16 en contra trocar a pena capital pola cadea perpetua, que agarda aprobe amplamente a Cámara Baixa.
 
											Jon Corzine, gobernador de New Jersey
O Senado do estado de New Jersey (EUA) aprobou este martes con 21 votos a favor e 16 en contra trocar a  pena capital pola cadea perpetua, sen posibilidade de liberdade condicional para os casos máis graves.   
  O resultado deberá ser ratificado esta quinta feira pola Cámara Baixa, que se agarda o respalde amplamente. Posteriormente, a nova lei seralle trasladada ao gobernador do estado, Jon Corzine, para que a rubrique no mes de xaneiro.   
Dende que en 1976 o Tribunal Supremo dos Estados Unidos permitise volver executar presos, o país norteamericano converteuse nunha das poucas democracias occidentais que aínda condenan á pena capital os acusados de cometeren algún crime. 
O 91% das execucións que se levaron a cabo en 2006 tiveron lugar en EUA, Iraq, Irán, China, Sudán e Paquistán. No país norteamericano, 37 dos 50 estados que o compoñen, contemplan a pena de morte nas súas lexislacións.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto