 
Despois dos partidos en Balaídos, haberá un concerto no pavillón das Travesas.
O xoves 27, logo da festa do Galiza-Cataluña e Galiza-Camerún, aínda haberá máis festa rachada en Vigo. A Dirección Xeral para o Deporte e o Concello de Vigo organizan un concerto no pavillón da Travesas. Pouco despois da medianoite, Ruxe Ruxe e Lamatumbá sairán ao escenario para poñerlle o ramo ao día máis importante do noso fútbol.
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, repasou o programa previsto para a vindeira quinta feira. Os actos comezarán ças dez da mañá no campo municipal de Bouzas “Baltasar Pujales”. Onde xogarán as categorías inferiores da selección. Ás 18.30 en Balaídos a selección feminina debuta enfrotándose a Cataluña. Ás 21 horas celebrarase o masculino Galiza-Camerún.
Marta Souto fíxolle un chamamento a todos os vigueses para que participen das actividades que haberá ao longo da xornada. A festa xa está en marcha.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto