 
 
Unha xuíza asinou até 146 ordes de arresto pola participación dos antigos oficiais no secuestro e asasinato de varios cidadáns de orixe italiana.
O pasado luns foi xa detido na localidade de Salerno, no sur de Italia, o ex militar uruguaio Néstor Jorge Fernández Tróccoli. A xuíza Luisanna Figliolia asinou outras 146 ordes de arresto, malia que seis dos requiridos xa morreron. En total, a xustiza sinala a 61 arxentinos, 32 uruguaios, 22 chilenos, 13 brasileiros, 7 bolivianos, 7 paraguaios e 4 peruanos.   
  
  Considérase que todos estes  ex oficiais militares estiveron implicados directamente na coordinación da Operación Cóndor, deseñado polas ditaduras militares de Arxentina, Uruguai, Chile, Brasil, Bolivia e Paraguai. Baixo ese plan, os militares intercambiaban información sobre milleiros de cidadáns opostos aos réximes dos seus respectivos países, datos que remataron en moitos casos co secuestro e asasinato destas persoas.    
  
  O proceso que agora chega ás primeiras planas en Italia ten que ver coa súa vinculación concreta coa desaparición e presunto asasinato de 25 cidadáns de orixe italiano durante as décadas do 70 e 80. A investigación fora iniciada en 1998, despois das denuncias presentadas por varios parentes dos falecidos. As ordes de arresto foron solicitadas polo fiscal do Tribunal Penal de Roma, e inclúen entre outros o ex presidente Jorge Rafael Videla ou o ex xefe da xunta militar de Uruguai, Juan María Bordaberry.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto