 
O Concello de Rianxo acaba de asinar a compra da casa de Rafael Dieste e está en negociacións para mercar a de Castelao.
As tres casas ubícanse na Rúa de Abaixo, moi próximas entre si. A compra da vivenda de Rafael Dieste, negociada entre o concello e os familiares do escritor enmárcase dentro do proxecto da Academia Literaria de Rianxo. Este proxecto tamén prevé a creación dun Centro de Investigación dedicado aos tres autores, que se instalará no Pazo de Martelo (actual biblioteca municipal).
Despois de que o pasado ano se pechase a adquisición da vivenda de Manuel Antonio, agora só resta finalizar as negociacións que o Concello encetou coa familia Baltar, propietaria da casa familiar de Castelao.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto