 
As fillas de Consuelo  González manteñen a esperanza no éxito da Operación Emmanuel, cuxo  obxectivo é o rescate da ex senadora, así como da ex candidata á vicepresidencia  de Colombia Clara Rojas e o seu fillo, Enmanuel, que bautizou a entrega humanitaria por parte das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia- Ejército del Pueblo (Farc-Ep).
Despois que o presidente de Colombia, Álvaro Uribe  Vélez, sinalase que posibelmente as Farc-Ep non teñen ao fillo de Clara Rojas, Emmanuel, e que por iso non  entregaran aos tres retidos que prometeran, testemuños de ex reféns deste grupo  armado poñen en dúbida as súas afirmacións.
Luisa Elena  González Perdomo, filla maior da retida polas Fuerzas Armadas Revolucionarias de  Colombia-Ejército del Pueblo (Farc-Ep), dixo á prensa a tarde deste xoves que teñen "toda a confianza  en que a operación continúa e estaremos á espreita dos seus resultados".  
 
 Informou que permanecerán en Caracas "o maior tempo que poidamos  e, se temos que voltar a Colombia, se a entrega non concretara, estaremos agardando, desde alá,  e faremos todo o posíbel para que regresen esas  persoas e todas as demais", asegurou. 
 
O posíbel fracaso da operación
 A moza foi consultada verbo a hipótese, divulgada o 31 de decembro pasado polo presidente Álvaro Uribe Vélez, da  posibilidade de que Emmanuel puidese estar en Bogotá nun Centro de Menores do Estado colombiano. 
 
 "Caeunos con moitísima angustia porque non  sabiamos que acontecía. O Goberno colombiano presentaba unha hipótese sen un  resultado e ao facelo xusto nese momento, xerounos moita tristeza e dor",  afirmou.  
Operación  Enmanuel 
Despois que o presidente de Colombia, Álvaro Uribe  Vélez, sinalase que posibelmente as Farc-Ep non teñen ao fillo de Clara Rojas, Emmanuel, e que por iso non  entregaran aos tres retidos que prometeran, testemuños de ex reféns deste grupo  armado poñen en dúbida as súas afirmacións. 
William Johany Domínguez, un  soldado retido polas Farc-Ep en febreiro de 2007, asegurou nun vídeo de  supervivencia que coñecía a Emmanuel e que camiñou en "dúas marchas" pola  selva xunto á súa nai e á ex candidata presidencial, Ingrid Betancourt.  
"Atopeime dentro do campamento onde hai máis prisioneiros de guerra e incluso hai uns políticos retidos, como é o caso da doutora Ingrid (Betancourt), a  señora Clara (Rojas) e un neno que sempre anda con elas para todos lados  (...) Iso era para min moi estraño, pois o tempo que levo aquí, nunca vin un  neno e nesa oportunidade puiden velo. Ten moitos xoguetes que lle fan os  guerrilleiros e gústalle xogar moito con eles, pero máis que todo sempre anda  coas señoras (Ingrid e Clara) para todos lados (...) tiven a oportunidade de  estar en dúas marchas con elas. Cando a señora cansa de cargar ao neno un  guerrilleiro ofrécese amabelmente a axudarlle e isto gústalle moito a el, pois  lle gusta xogar moito ao cabaliño. Malia que non nos deixan achegarnos moito a  eles quixen algún día achegarme para falar con ela. Pero isto foi imposíbel xa que nos  teñen moi distantes", relataba Domínguez este mesmo ano. Estas  declaracións contrastan coa teoría de Uribe que fala dunha separación de Clara Rojas e o seu fillo Emmanuel desde 2005. No seu discurso, Uribe tamén asegurou que o neno fora  torturado e que tiña múltiples problemas de saúde. "O neno ten afectado un  brazo, ten cicatrices de tortura. Cando o sub intendente Pinchao  fuxiu do seu cativerio contou que o neno Emmanuel tiña afectado un brazo e  sufrira malos tratos, torturas, e que tiña queimaduras en todo o seu corpo", dixo  Uribe o luns pasado.
Pinchao: Emmanuel atopábase  "moi saudábel"
John Pinchao, un sub intendente que  logrou escapar das Farc-Ep en abril de 2007, logo de oito anos e medio de  cativerio, asegura que Emmanuel atopábase "moi saudábel". 
"Están no  campamento que lles comentei das dúas casas. Aí naceu o neno e eu tiven a  oportunidade de alzalo nos meus brazos e despois, xa na marcha, medrara un  pouquiño máis, tiña como un ano,  penso, máis ou menos (...) moi saudábel",  explicou. 
A hipótese do goberno colombiano é verificada actualmente  mediante probas de ADN, aínda que o proceso de obtención de mostras e o anuncio  de resultados dentro de dúas semanas, xa xerou serios cuestionamientos.  
Goberno puido realizar verificación xenética dous días antes de lanzar  hipóteses 
O investigador Emilio Yunis, o xenetista máis respectado de  Colombia, afirmou ao xornal El Tempo que o Goberno colombiano tivo suficiente tempo para  estabelecer se o neno Juan David Gómez Tapiero é fillo de Clara Rojas ou non,  antes de dar a coñecer publicamente a hipótese. 
"Os procesos de  identificación por ADN duran unhas poucas horas, así que dous  días serían máis que suficientes se se optou por algunha das diversas  alternativas dispoñíbeis", asegurou o doutor Yunis. 
O xenetista sinala  que, para ofrecer altos niveis de confiabilidade, as probas deben realizarse  baixo estritos parámetros científicos e xurídicos, o cal implica que desde a  toma das mostras deben practicarse en sitios especializados e cos equipamentos  axeitados.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto