 
 
Iván Prado, de Pallasos en Rebeldía, escribe desde Chiapas.
Moitos son os nomes desta xente pero moitos máis son os apodos divertidos e creativos que impoñen á realdiade cotiá para non caer na tristuraa que os aniquile. 
  Zanculitos e zanculotes son os apodos que naceron no obradoiro de zancudos. Tomando a cancha nun tempo récord temos a toda a xente montando zancos. Incluso o compa D. que non quería subir por medo, acabou armándose de valor e tomando os zancos polos cornos.   
  Basket ball en zancos e con palicates, acrobacias rebeldes e cancións creadas polo propios compas son as grandes actividades destes días, xunto os malabares e os ensaios de clown. 
  Se algo achega esta xente como ningunha outra é o entusiasmo e o traballo, os zancos apréndenos en cousa duna hora, os xogos e media e os malabares en poucos minutos. Teñen unha disposicón ao traballo e á aprendizaxe incrible.   
  Agradecen todo con esforzo e milleiros de risas. Se caen dos zancos rin, se alguén lles da un golpe morren da risa, pasan o día cantando as cancións que inventamos xuntos e calquera cousa é motivo de celebración.   
  Un non pode deixar de namorarse desta xente que, perseguidos, maltratados e nalgún caso asesinados, en ningún momento responden con odio nin furia: “intentaron matarnos, pero somente feriron ao compa e alí segue na comunidade, non pasou nada” esa é unha frase destes días. 
  Nós, mentres, seguimos coa formación dos pallasos convencidos de que neste pobo xurdirá unha fermosa flor de esperanza e tamén de que a risa aquí alcanza un sentido pleno e liberador.   
  
  Crónicas anteriores 
 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto