 
 
Critican os fins "prohibicionistas" e de represión de dereitos que tería a "alianza" da igrexa católica e determinadas forzas políticas.
 
											"Autodeterminación, laicidade, antifascismo, liberación". Lemas que acompañarán o "non" ao Vaticano en Roma, na mobilización convocada por asociacións de gais e lesbianas para o próximo 9 de febreiro. Na opinión acordada polos colectivos integrantes da plataforma Facciamo Breccia, e recollida no manifesto que lanza esta convocatoria, refírense ao "perigoso impulso" da alianza de "igrexa católica e política institucional" para "destruíren o estado social" e negar "autodeterminación dos suxeitos".   
  
  Reprochan tamén "o proceso de revisionismo histórico que apunta ao descoñecemento da resistencia e do antifascismo, avalado polo Vaticano a través da transformación dos verdugos fascistas e franquistas en mártires, e a lectura ideolóxica da historia, pasada e recente, evidente na última encíclica". Ademais, chaman a denunciar as políticas que "defenden os privilexios económicos do Vaticano".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto