 
O amores dunha loira obtivo o Óscar ao mellor filme de fala non inglesa en 1965.
Os amores dunha loira (Lásky jedné plavovlásky, Milos Forman, 1965, Checoslovaquia, 90') significou o éxito definitivo na Europa occidental de Milos Forman e constitúe un dos títulos mais representativos do novo cinema da Europa do Leste durante os anos sesenta.
O Cineclube inicia con este filme un mes que estará dedicado ás novas cinematografías que nos anos sesenta transformaron o cinema contemporáneo en todo o mundo.
A proxección vaise realizar ás 22:00 horas da noite este mércores 9 de Xaneiro no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21), con entrada de balde.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto