 
A obra de Ana Vallés representarase nos meses seguintes en Murcia, Salamanca, Madrid, Alacante e Xixón.
A paixón encántanos, e levamos por diante a quen sexa preciso. Somos uns inconscientes. Que lle imos facer! Algo disto hai en Animales Artificiales, a nova obra de Matarile Teatro, que se estreará o vindeiro 1 de febreiro no XXV Festival Internacional de Málaga, repetindo representación ao día seguinte. A obra, na que participan Helen Bertels, José Campanari, Mónica García, Mauricio González, Iván Marcos, Ricardo Santana e Ana Vallés xirará por todo o Estado, incluíndo cinco representacións no Centro Cultural de la Villa, en Madrid, a comezos de maio.
Non é Animales Artificiales a única obra de Matarile en xira. Truenos & Misterios, tamén de Ana Vallés, estará en febreiro en Burgos, viaxando despois a Donosti, Narón, Benvente e Ponferrada.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto