 
Os insectos que recibiron alcol diariamente perderon a súa inhibición fronte ao mesmo sexo, segundo a investigación.
 
											Unha mosca da froita / André Karwath
Un equipo de científicos da Universidade de Penn State, nos EUA, comprobou que o consumo continuado de alcol pode alterar as tendencias sexuais, neste caso, das moscas macho. Os investigadores subministráronlles doses diarias de etanol a moscas da froita que, despois dun longo período de tempo, comezaron a cortexar tamén exemplares do seu mesmo sexo. Non só iso: os insectos perderon as súas inhibicións e melloraron a súa actividade sexual.
O estudo pretendía probar nas moscas os efectos do alcolismo crónico. Do traballo tamén se tirou que as moscas regresaban ao seu comportamento sexual normal se a temperatura sobrepasaba os 32 graos. O científico responsábel do estudo asegurou que quedou demostrado que a sexualidade pódese ver alterada por factores externos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto