 
As charlas, que coinciden co 25 aniversario da institución, pretenden achegar a ciencia e a cultura.
 
											O catedrático de Dereito Mercantil da USC Xosé Antonio Gómez Segade abrirá o ciclo de "Palestras maxistrais" do Consello da Cultura cunha conferencia sobre os camiños da propiedade intelectual. A charla comezará o xoves 10 ás cinco da tarde.
As "Palestras maxistrais" terán o cometido de tender pontes cos eidos científico e cultural para compartir camiños e experiencias. No programa colaboran a Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria e mais as tres universidades. Por iso, no acto tamén estarán presentes o director xeral, Salustiano Mato, os tres reitores, Senén Barro, Alberto Gago e Xosé María Barja, e mais o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares.
O ciclo de conferencias forma parte das actividades de conmemoración do primeiro cuarto de século do Consello, e subliñará o feito de que os ámbitos científico e cultural camiñaron sempre da man. 
O seguinte convidado en participar nas charlas será Ángel Rodríguez de Lera, que falará o 29 de xaneiro sobre "As revolucións científicas na Química".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto