 
 
O presidente de Venezuela quérese reunir con Marulanda, líder das FARC, para tratar o tema. Ademais, dixo que o golpe de 2002 buscaba prexudicar a Lula.
 
											Hugo Chávez presenta 'Aló presidente'
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, a través do seu programa Aló presidente, pediulle ao seu homólogo colombiano, Álvaro Uribe, que recoñeza o "estado de belixerancia" das FARC. "Se o aceptan (a guerrilla), entrarían de inmediato nos protocolos de Xenebra", agregou o venezolano. 
"Se iso sucedes, as FARC non poderían utilizar o secuestro, por exemplo. Eu non estou de acordo co secuestro, paréceme horrible ... é contrario á natureza humana ... sexa quen sexa o que o faga. Nin estou de acordo coa vía armada, e esa é unha das cousas que eu querería falar con Marulanda", expresou Chávez. 
Ademais, acusou a Washington de "manter" o conflito: "O primeiro interesado en que a guerra en Colombia non remate é o goberno dos Estados Unidos: é a perfecta escusa para manter e incrementar a súa presenza" no país. 
  
O golpe de estado de 2002 buscaba prexudicar a Lula   
Por outra banda, este sábado, durante o Congreso de fundación do Partido Socialista Unido da Venezuela, Chávez afirmou que o frustrado golpe de Estado de 2002 contra o seu goberno tiña como obxectivo impedir a elección do presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva. 
"Se baten en nós, baten en Bolivia, baten mesmo no Brasil, aínda co seu tamaño (...) O golpe de Estado contra min tiña como obxectivo afectar á candidatura de Lula, para activar o efecto dominó contra-revolucionario en América Latina", dixo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto